Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

Aberto ata o 13 de agosto o prazo de inscrición para o Programa Concilia dende o 1 de setembro ata o inicio do curso

Sábado 7 de agosto do 2021

Ademais de ofrecer ás familias a posibilidade de utilizar o Programa Concilia durante todo o curso escolar, dende a Concellaría de Igualdade tamén abrimos a opción de desfrutar do servizo a partir do 1 de setembro ata a o día de inicio do curso escolar para as familias que teñen feita a matrícula para todo o curso.

Neste caso o servizo desenvolverase no Centro de Ocio Bonecos, situado no lugar de Mirón, nº24, de Bértoa. Dado que o número de prazas está limitado a 30, a adxudicación realizarase por orde de puntuación.

As familias interesadas deben presentar a solicitude antes do 13 de agosto. A información pode descargarse máis abaixo.

Para calquera aclaración podedes acudir ao departamento de Servizos Sociais ou chamar aos teléfonos 981700688 e 981704706.

Descargas

Compartir: