Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

Convocatoria de prazas para o programa de turismo do Imserso para a tempada 2021-22

Mércores 9 de xuño do 2021

Tras un ano complicado e difícil no que a pandemia obrigou a suspender o Programa de Turismo do Imserso e considerando a mellora da situación, o Instituto de Maiores e Servizos Sociais vén de anunciar a renovación das viaxes con todas as medidas necesarias que avalen unhas estancias estables e tranquilas e que prevexan calquera tipo de eventualidade.

Coa publicación da resolución correspondente no Boletín Oficial do Estado do 30 de xuño, o Imserso convoca 816.029 prazas para persoas maiores que desexen participar no Programa de Turismo, cunha previsión de que as quendas de vacacións comecen no próximo mes de outubro. Por iso, desde o xoves 1 de xullo de 2021 e ata o venres 30 de xullo de 2021 permanecerá aberto un único período de presentación de novas solicitudes de participación neste programa para a tempada 2021-2022.

A presentación das solicitudes pode realizarse de distintos xeitos:
-De forma telemática a través da Sede electrónica do Imserso
-Descargando da páxina web do Imserso ou na sede electrónica o modelo de solicitude de participación para presentala por calquera dos seguintes medios:

  • A través dos rexistros electrónicos e oficinas relacionados no artigo 7 da Orde SCB/926/2018, de 10 de septiembre.
  • En sobre franqueado, non por correo certificado, á dirección: Programa de Turismo do Imserso, apartado de correos 10.140 28080 Madrid.
Atoparás máis información sobre o programa tanto na páxina web do Imserso como na súa sede electrónica.

Ligazóns

Compartir: