Inicio Carballo ao día Axenda

Axenda


Eu quero Razo Baldaio

As pedras de cando América estaba en Carballo

Sábado 24 de xullo do 2021 De 10:30 h a 13:30 h en Razo, fronte ao Bar Cordobés euqueroRB

Ruta xeolóxica de carácter interpretativo visitando o spuntos máis interesantes da costa. Faias, praia fósil, ou a formación da lagoa son alúns dos puntos salientables deste percorrido.

Eu quero Razo Baldaio

A Noite das Avelaíñas

Mércores 28 de xullo do 2021 De 22:00 h a 01:00 h no aparcadoiro da praia de Baldaio euqueroRB

Descuberta do abraiante mundo das bolboretas nocturnas: Identificación e observación das especies presentes no espazo natural de Baldaio, mediante a posta en práctica de técnicas de estudo baseadas na luz.

Eu quero Razo Baldaio

Axuda á resistencia!!! Elimina as invasoras de Carballo

Sábado 31 de xullo do 2021 De 10:30 h a 13:30 h no aparcadoiro da Praia de Baldaio euqueroRB

Actividade para a eliminación de especies exóticas invasoras presentes en Razo Baldaio prestando especial interese a aquelas especies que poidan ser máis perxudiciais para o ecosistema.

Eu quero Razo Baldaio

Flora e Fauna das Contornas Dunares

Mércores 4 de agosto do 2021 De 10:30 h a 13:30 h no aparcadoiro da Praia de Baldaio euqueroRB

Baldaio áchase coma un espazo natural chea de vida, no que crecen , repousan, se alimentan e crían unha gran variedade de especies, que merecen ser coñecidas e respetadas.

Eu quero Razo Baldaio

Roteiro nocturno pola Eira das Meigas

Sábado 7 de agosto do 2021 De 22:30 h a 01:30 h no Espazo da Natureza de Oza euqueroRB

Andaina nocturna que terá como marco a paisaxe noctura da costa dende Monte Neme e o achegamento básico a elementos salientables que saen na noite, como as estrelas, os anfibios. Visitaremos a Eira das Meigas.

Eu quero Razo Baldaio

Ruta polo patrimonio da costa carballesa

Sábado 14 de agosto do 2021 De 10:30 h a 13:30 h no Espazo de natureza de Oza euqueroRB

Ruta itinerante de carácter interpretativo en bus, pasando poos lugares de interese cultural máis importantes das parroquias de Oza, Razo, Lema, Rebordelos, Noicela e Vilela.

Eu quero Razo Baldaio

Saída Ornitolóxica

Mércores 18 de agosto do 2021 De 10:30 h a 13:30 h no aparcadoiro da Praia de Baldaio euqueroRB

Achegamento á avifauna de Baldaio: Roteiro interpretativo dirixido á observación e identificación das especies presentes no espazo natural protexido.

Eu quero Razo Baldaio

Obradoiro de Biodiversidade

Sábado 21 de agosto do 2021 De 10:30 h a 13:30 h no aparcadoiro da Praia de Baldaio euqueroRB

Mostra e recoñecemento daqueles recursos axeitados para a práctica do naturalismo, así como dos elementos que se poden atopar na natureza, co gallo de espertar un interese polos estudos de campo e a aplicación dunha metodolox&i

Compartir:


- 2019 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
4
5
7
8