Inicio Carballo ao día Axenda "Un bico para Alí",...

"Un bico para Alí", narración oral e musical para nen@s de 0 a 4 anos

Mércores 22 de novembro do 2017 17 e 18.30 horas - Pazo da Cultura Lingua

Unha nova aventura da nena Alí, a través da que se presenta o fantástico e amplo mundo de xogos, historias e cancións que hoxe teñen ao seu dispor as nenas e os nenos galegos para soñar na nosa lingua. As palabras de Fabaloba van acompañadas pola música e os efectos sonoros de Luís Prego.

Participación: ata 20 familias con nenas/os de 0 a 4 anos, por orde de inscrición, en cada sesión.

Inscrición previa no Servizo de Normalización Lingüística ou no enderezo electrónico nelvidal@carballo.gal desde o 15 de novembro.

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D