Inicio O Concello Axenda institucional Presentación do 1º Desafío...

Presentación do 1º Desafío Milagrosa

Venres 18 de agosto do 2017 12 horas - Praza da Milagrosa

A Asociación de comerciantes, hostaleiros e profesionais do barrio da Milagrosa organiza para o día 2 de setembro o 1º Desafío Milagrosa, unha carreira popular de obstáculos que discorrerá por varias rúas do barrio. Na presentación da iniciativa participarán organizadores, patrocinadores e colaboradores, entre os que figura o Concello de Carballo a través de Carballo Deporte. Asistirán o alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo.

Compartir: