Inicio O Concello Axenda institucional Sinatura do contrato das obras de mellora viaria...

Sinatura do contrato das obras de mellora viaria nas parroquias de Entrecruces e Aldemunde

Mércores 9 de agosto do 2017 12 horas - Alcaldía

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, asina coa empresa Construcciones López Cao o contrato correspondente ás obras de reparación integral das vías secundarias de Entrecruces e Aldemunde, que foron adxudicadas por 125.561,70 euros. Os traballos consisten na limpeza de cunetas de toda a rede viaria e na pavimentación con dobre rego nos treitos nos que se teñen detectado deficiencias. 

Compartir: