Inicio Carballo ao día Axenda Exposición do Certame Fotográfico...

Exposición do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís

Do xoves 30 de marzo ata o domingo 30 de abril do 2017 17 a 21 horas - 3º andar do Pazo da Cultura Cultura

"Teatro de lo humano", 1º premio do certame

Ata o 30 de abril pode visitarse no 3º andar do Pazo da Cultura a exposición das 73 obras seleccionadas polo xurado do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís.

José Ramón Luna de la Ossa, fotógrafo madrileño afincado en Cuenca, gañou por segunda vez o primeiro premio, dotado este ano con 1.500 euros e diploma, pola fotografía Teatro de lo humano. O segundo premio, patrocinado pola Fundación Luis Calvo Sanz con 750 euros, é para o Autorretrato con praia de Samuel Ortiz Lois. Este ano o Premio Especial Carballo, dotado con 500 euros e diploma, é para a fotografía Nomad, do italiano afincado en Galicia Simone Maestra. Ademais, o xurado decidiu outorgar un accésit de 300 euros e diploma á obra Nómadas, de Alfonso Rego López.

O xurado, presidido polo concelleiro de Cultura, Marcos Trigo Facal, estivo integrado ademais por María del Mar Barca Gómez, en representación da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Bergantiños (Afaber); Ángel Cordero Gómez e Ignacio Romero Sánchez, fotógrafos profesionais e profesores de Fotografía da Escola de Imaxe e Son da Coruña; Vari Caramés, fotógrafo profesional; Beatriz Fernánde Cortizas, licenciada en Belas Artes na especialidade de Deseño e Audiovisuais e profesora de Debuxo, e Nuria Cortés Bernárdez, auxiliar administrativa da Concellaría de Cultura, que exerceu coma secretaria.

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D