Inicio Carballo ao día Axenda DAC Outono Cultural: animación teatral...

DAC Outono Cultural: animación teatral coas Irmandades da fala

Domingo 11 de decembro do 2016 Rúas de Carballo - A partir das 12.00 h. Cultura

DAC Outono Cultural

As Irmandades da Fala foron un movemento histórico nacido en 1916 en defensa do idioma galego e do recoñecemento político da identidade de Galicia.A súa contribución supuxo un paso adiante decisivo no cultivo do idioma galego e na defensa da identidade de Galicia como suxeito político dentro do contexto xeral de rexeneración do país. Os seus integrantes promoveron unha renovación cultural que abriu novas vías para o desenvolvemento das artes en Galicia, tanto na plástica, como na música e na literatura.

A programación do DAC Outono Cultural da Deputación da Coruña ofrece coa colaboración do Concello un espectáculo de animación cultural baseado nas Irmandades da Fala pola Praza do Concello e as rúas de Carballo a partir das 12.00 horas.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4