Inicio Carballo ao día Axenda Convocatoria aberta para a creación da...

Convocatoria aberta para a creación da comisión de festas

Mércores 18 de xaneiro do 2023 20.30 horas - Pazo da Cultura Cultura

Faltan cinco meses para o San Xoán, e a Concellaría de Festas pon en marcha a complexa maquinaria da organización das nosas celebracións patronais. Despois das multitudinarias festas do ano pasado, as primeiras dende a pandemia, este ano queremos volver a contar coa implicación da veciñanza participando nos actos que se leven a cabo pero tamén axudando a organizalos e achegando propostas que contribúan a que o noso San Xoán sexa cada vez mellor.

Teñas a idade que teñas, sexas da parroquia que sexas, en solitario ou en grupo... a concelleira de Festas, Maruxa Suárez, convídate a achegarte este mércores 18 de xaneiro, ás 20.30 horas, á xuntanza que se celebrará no Pazo da Cultura. Unha convocatoria aberta a toda a veciñanza, porque entre todas e todos conseguiremos organizar #omellorsanxoán.

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D