Inicio Carballo ao día Axenda Charla do Instituto Galego de Consumo sobre...

Charla do Instituto Galego de Consumo sobre servizos financeiros

Venres 7 de outubro do 2022 11.00 horas - Fórum Carballo

O Concello de Carballo colabora co Instituto Galego de Consumo para facer chegar á cidadanía a información necesaria sobre os dereitos que temos como clientes das entidades financeiras ou das compañías eléctricas e sobre a importancia de facelos valer. Con esa finalidade, para este mes de outubro están previstas dúas charlas, dirixidas a persoas maiores de 18 anos, nas que poderemos escoitar, preguntar e opinar sobre produtos financeiros e sobre a factura da luz.

A primeira xornada está prevista para este venres 7, ás 11.00 horas, no auditorio do Fórum Carballo, onde se falará sobre produtos financeiros. Porque cada vez son máis os produtos e os servizos que nos ofrecen os bancos e outras entidades de crédito, e resulta fundamental coñecer as súas características básicas para poder elixir mellor e evitar o risco de endebedamento. Así, na charla falarase sobre as comisións bancarias, as diferenzas entre tarxetas de débito e crédito, os créditos rápidos... e ofreceranse os recursos, os coñecementos e as estratexias precisos para que poidamos decidir con responsabilidade.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4