Inicio Carballo ao día Axenda Participa na “Noite de morcegos” de Baldaio

Participa na “Noite de morcegos” de Baldaio

Sábado 1 de outubro do 2022 18.30 horas - Centro social de Imende

A asociación Morcegos de Galicia celebra este sábado 1 de outubro unha Noite de morcegos en Baldaio, unha iniciativa patrocinada pola Deputación da Coruña e na que tamén colabora o Concello de Carballo. O programa da xornada inclúe unha charla no centro social de Imende (Noicela) e unha saída nocturna. Se queres participar só tes que anotarte no teléfono 667 044 296.

A charla, prevista para as 18.30 horas, centrarase no morcego de Nathusii, unha especie migradora cuxa presenza en Galicia está confirmada dende o ano pasado por Morcegos de Galicia. Deste xeito, a nosa comunidade representa o extremo suroeste da área de distribución da especie a nivel mundial. Polo momento, os datos son moi escasos, e con estas iniciativas preténdese, precisamente, contrastar sobre o terreo a distribución da especie polo territorio. Con esa intención, mañá ás 19.30 horas realizarase un paseo de hora e media de duración. As persoas participantes levarán detectores de ultrasóns para escoitar e ver morcegos de Baldaio.

Compartir:


- 2022 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
5
6
7
8
9
12
13
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31