Inicio Carballo ao día Axenda Marcha BTT Costa da Morte co Club Ciclista...

Marcha BTT Costa da Morte co Club Ciclista Monteneme

Domingo 2 de outubro do 2022 Saída ás 10.00 horas do Fórum Carballo Deporte

O Club Ciclista Monteneme celebra a XIX Marcha BTT Costa da Morte, que percorrerá o noso concello e outros da contorna e que terá tres distancias distintas: dúas delas de 35 e 51 quilómetros, que non serán competitivas, e outra máis longa, de 70 quilómetros, que si terá carácter competitivo. Esta última proba será valedoira para a Copa Galicia de BTT-Maratón 2022, na que só quedan dúas carreiras.

A saída efectuarase desde o Fórum Carballo, ás 10 horas, en dirección a Oza, onde comezará a primeira das dúas ascensións previstas ao alto do Monte Neme. Todos os detalles, na ligazón anexa.

Ligazóns

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4