Inicio Carballo ao día Axenda "Que animaliño é?", un...

"Que animaliño é?", un espectaculo para bebés

Mércores 21 de setembro do 2022 18.00 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

A programación da Biblioteca Rego da Balsa arrinca neste novo curso cun espectáculo para bebés: Que animaliño é?, de Trémola Teatro.

Paula está moi contenta porque o seu pai regaloulle un xilófono, e para darlle as grazas vaille tocar unha canción. Pero cando empeza a practicar, dunha caixa máxica comezan a saír animais, e grazas a eles descubrirá moitas cousas.

Que animaliño é? é unha obra para bebés que os fará gozar, coñecer e recoñecer as cousas que ven ao seu redor. A través de diferentes elementos sensoriais (bolas de la, burbullas de xabón, confeti, instrumentos, sons…) desfrutarán dunha emocionante aventura.

Público: nenos e nenas de 6 eses a 3 anos, acompañados/as por unha persoa adulta
Inscrición telefónica no 981 758 580 a partir do 14 de setembro.
Aforo limitado.
Actividade incluída no programa de animación á lectura Ler conta moito.

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D