Inicio Carballo ao día Axenda "Somos circo", un espectáculo...

"Somos circo", un espectáculo para toda a familia con Desastronauts

Venres 12 de agosto do 2022 20.30 horas - Praza do Concello Cultura

Damas e cabaleiros, nenos e nenas, Desastronauts trae a Carballo o espectáculo que todos estabamos esperando!

Raquel Feroz, a auténtica Raíña do Circo, deixarate pampo/a virando sobre o seu trapecio. Girisho, o Gran Ditador do Circo, sorprenderate coa súa forza e estupidez. Xuntos danche circo 100% puro. Alto en acción e baixo en conversación. Alto en satisfacción e baixo en decepción. Alto en irresponsabilidade e baixo en precaución. É rápido, é divertido, é acrobático, é fermoso. Viaxaron polo mundo realizando as súas incribles habilidades e agora preséntanche a súa obra mestra. Tes sorte, Somos Circo!

Raquel Veganzones e Girisho Gordon, graduados da escola The Circus Space de Londres, formaron a compañía Circo Expreso no 2004 en Londres, e pasan a chamarse Desastronauts en 2009. A súa traxectoria ten levado as súas impresionantes acrobacias por medio mundo: co seu espectáculo Too High estiveron de tour co circo británico Happy's Circus, actuaron na Convención Nacional de Malabares en Crawley 2004, participaron no Festival de Glastombury e en varios cabarés de circo en Londres. Gordon chegou a participar no espectáculo de apertura das Olimpiadas Asiáticas en Qatar, e Veganzones levou o seu trapecio ata o Caribe ou a India.

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D