Inicio Carballo ao día Axenda Presentación de "O libro negro da...

Presentación de "O libro negro da lingua galega", de Carlos Callón

Martes 12 de xullo do 2022 20.30 horas - Espiral Maior Foro Lingua

O martes 12 de xullo, ás 20:30 h., terá lugar na sede de Espiral Maior Foro (Rúa do Sol, 34, baixo) a presentación da obra “O libro negro da lingua galega”, publicada por Edicións Xerais e da autoría do profesor e escritor Carlos Callón, máis de 760 páxinas de investigación histórica sobre o idioma galego.

“O libro negro da lingua galega” é unha obra na que, por vez primeira nun libro, se recollen e explican testemuños da represión lingüística en Galiza ao longo dos séculos, coa divulgación dun gran número de documentos pouco ou nada coñecidos. Nas páxinas da obra abórdase, entre diferentes datos e informacións, a crueldade dos castigos nas escolas galegas por falar na “lingua prohibida”, acreditados desde 1543 até 1980.

Participarán no acto, ademais do propio Carlos Callón, Xosé Cotelo, responsábel da Mesa pola Normalización Lingüística en Bergantiños, e Miguel Anxo Fernán Vello, escritor e director de Espiral Maior Foro.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4