Inicio Carballo ao día Axenda Novo obradoiro do Laboratorio de emprendemento...

Novo obradoiro do Laboratorio de emprendemento social e solidario

Xoves 19 de maio do 2022 10.00 a 14.00 horas - Fórum Carballo Participación veciñal

O Laboratorio de emprendemento social e solidario que estamos desenvolvendo entre a Concellaría de Promoción Económica e Reas Galicia continúa esta semana cun novo obradoiro de innovación: "Que poden facer as TIC pola economía social". No taller, de catro horas de duración, abordaranse cuestións relacionadas co mercado social e a xeración de ideas para mancomunar servizos TIC.

O obxectivo do Laboratorio de emprendemento social e solidario é a promoción, a visibilización e o desenvolvemento da economía social en Carballo e na súa contorna, fomentando o espírito emprendedor e a creación e consolidación de emprego baixo este modelo económico.

O eixe central do traballo é dinamizar a xeración de novas ideas de actividade económica vinculándoas con experiencias, modelos e ferramentas da economía social, como fórmula baixo a cal levalas adiante. Combina, polo tanto, os seguintes tipos de actividades: 

  • Obradoiros de innovación baseados nos retos e necesidades do territorio. Son actividades participativas, nas que se mostran exemplos referenciais e se empregan metodoloxías de creatividade e pensamento de deseño.
  • Divulgación de experiencias de economía social inspiradoras. Convídase a diferentes experiencias que ilustran de modo práctico e tanxible o que é a ESS e o papel que xoga en diferentes sectores.
  • Formación sobre economía social e redes nas que apoiarse. Son talleres formativos, nos que se presentan as características da economía social, combinando presentacións con dinámicas participativas.

Ligazóns

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4