Inicio Carballo ao día Axenda "Vigor mortis", a proposta da...

"Vigor mortis", a proposta da Compañía OtraDanza para a Primavera enDanza

Venres 6 de maio do 2022 21.00 horas - Pazo da Cultura Cultura

¿Quen non se preguntou algunha vez si existe o máis alá?
Vigor Mortis fala dese outro lado. É unha viaxe traxicómica do ceo ao insondable da alma humana. Seres que flúen e exhalan con desgarro a memoria da vida na morte duradeira, seres que se axitan contra os tremores do destino. Unha nova e inquietante viaxe da Compañía OtraDanza, viaxe que se atopa entre o pesadelo e a ensoñación.

Espectáculo surrealista que une a linguaxe teatral do xesto e o mimo, e a linguaxe da danza, visto dende a plasticidade e a abstracción.

Autoría: Asun Noales.
Dirección: Asun Noales e Rulo Pardo.
Elenco: Asun Noales e Carlos Fernández.
Deseño de iluminación: Juanjo Llorens.
Deseño son: Telemann Rec.
Vestiario: Ana Esteban.

Duración: 55 min
Público: Adulto
Prezo da entrada: 5 € / 3,5 €
Espectáculo da Rede Galega de Teatros e Auditorios

Ligazóns

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4