Inicio Carballo ao día Axenda Exposición "Carballo. Guía...

Exposición "Carballo. Guía ilustrada de arquitectura"

Do mércores 30 de marzo ata o domingo 15 de maio do 2022 Museo de Bergantiños Cultura

Ademais do almanaque de mesa co que empezamos o 2022, o skyline que publicamos o 14 de febreiro ou o libro presentado días atrás, o traballo de recompilación e divulgación do noso patrimonio arquitectónico urbano realizado por Xaime Díaz Alonso tamén pode verse na exposición Carballo. Guía ilustrada de arquitectura, que ampliamos ata o 15 de maio no Museo de Bergantiños.

O fermoso patio interior do único edificio público do século XIX que se conserva en Carballo albergará 20 paneis que permiten realizar un percorrido pola arquitectura dos barrios urbanos e mesmo recrearse coas imaxes e os planos de edificios e espazos públicos xa desaparecidos, como a Casa da Condesa, a capela da Estrela, os Baños Vellos ou o Paseo dos Tileiros. A mostra incluirá tamén unha serie de material complementario arredor do traballo realizado por Xaime Díaz Alonso coa colaboración de Diego Díaz Mosqueira e Clara Díaz Pan.

Carballo. Guía ilustrada de arquitectura é o resultado de moitos anos de traballo e da sensibilidade especial do seu autor polo patrimonio, a cultura e a historia carballeses. Unha sensibilidade que comparte a cidadanía, e proba dilo é a excelente acollida que está tendo o libro, do que se levan repartido xa centos de exemplares. Se aínda non o tes podes solicitalo, de balde e ata fin de existencias, na Biblioteca Rego da Balsa ou no propio Museo de Bergantiños.

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D