Inicio Carballo ao día Axenda "Úniko", unha proposta teatral...

"Úniko", unha proposta teatral para gozar en familia

Domingo 13 de febreiro do 2022 18.00 horas - Pazo da Cultura Cultura

A compañía vasca Teatro Paraíso presenta "Úniko". Paul é fillo único e o rei da casa. O nacemento da súa irmá Irati provocará que o medo a deixar de ser querido se apodere del ameazando a estabilidade familiar. Mesturando as técnicas dos monicreques e do teatro exprésannos o inquietante medo dos celos, aínda sen perder nunca o sentido do humor. Tanto nenos como adultos atoparán situacións e personaxes nos que sentirse recoñecidos reflexionando acerca da convivencia, a educación, a autoestima ou o apego. Teatro Paraíso desenvolve unha intensa labor dende fai máis de corenta anos na realización de espectáculos para público familiar acadando múltiples recoñecementos. Con esta obra acadaron o Premio FETEN a mellor interpretación e foi finalista aos Premios Max ao Mellor espectáculo para público familiar.

Intérpretes: Maite Bayón, Tomás Fdez. Alonso e Maitane Goñi.
Escenografía e vestiario: Ikerne Giménez.
Deseño iluminación: David Alkorta.
Composición Musical: Bingen Mendizabal.
Axudante dirección: Aitor de Kintana
Dramaturxia e Dirección: Iñaki Rikarte.
Espectáculo da Rede Galega de Teatros e Auditorios

Duración: 1 h
Público: A partir de 6 anos
Prezo da entrada: 4 € / 3 € 

VENDA ANTICIPADA: www.ataquilla.com
A compra anticipada de entradas a través de www.ataquilla.com supón gastos de xestión.
VENDA DIRECTA / BILLETEIRA: Venda de entradas o mesmo día da función na billeteira do Pazo da Cultura, desde 90 minutos antes do inicio da actuación

As entradas mercadas no despacho de billetes serán asignadas pola organización. No caso de querer seleccionar unha localidade concreta deberán empregar o sistema de venda anticipada. Non se admiten cambios nin devolucións. No caso de prezo reducido (estudantes con carné de estudante, maiores de 60 e menores de 18 anos) deberá acreditarse debidamente a circunstancia especial do prezo reducido no acceso ao espectáculo.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4