Inicio Carballo ao día Axenda Os Ratos de Lonxedetodo teñen...

Os Ratos de Lonxedetodo teñen "Problemas". Axúdalos?

Mércores 9 de febreiro do 2022 17.00 e 18.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa e streaming Cultura

Ás veces un pode meterse en problemas por non respectar certos límites. E unha vez metidos no problema, o mellor será buscar con calma unha solución e aprender da experiencia. Isto é o que pensa o rato Fuco, e isto é o que nos contará na Biblioteca Rego da Balsa o mércores 9 de febreiro. Nesta ocasión, os Ratos de Lonxedetodo de TrinkeTrinke Teatro ofrécennos unha sesión na que se trata sobre a importancia educativa dos límites.

Público: infantil (nenas e nenos de 4 a 8 anos). Cada neno/a poderá asistir acompañado por unha persoa adulta
Inscricións: telefonicamente no 981 75 85 80, desde unha semana antes do evento (en horario de 10 a 20 h). Elixe a sesión á que prefires asistir.
A función retransmitirase por streaming (Facebook e Youtube da biblioteca, de Cultura Carballo e do Concello de Carballo), para tod@s aquel@s que non poidades ou non queirades asistir presencialmente.

Organiza: Concellaría de Cultura

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D