Inicio Carballo ao día Axenda Os Ratos de Lonxedetodo presentan "Familias...

Os Ratos de Lonxedetodo presentan "Familias diversas"

Mércores 12 de xaneiro do 2022 17.00 e 18.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa e streaming Cultura

Despois das vacacións de Nadal volven os Ratos de Lonxedetodo á Biblioteca Rego da Balsa. Nesta ocasión visítanos a ratiña Carolina. Vainos falar da súa mamá Rita, que é a directora da banda de música de Lonxedetodo, e da súa mamá Rosalinda, desactivadora de trampas para ratos. Ademais, Carolina está empezando a pensar que quere ser de maior.

Inscrición telefónica no 981758580, desde o 7 de xaneiro (en horario de 10 a 20 h). Elixe a sesión á que prefires asistir.

Debido ás circunstancias sanitarias, a actividade desenvolverase de acordo ás seguintes normas:
- A actividade terá lugar no auditorio da biblioteca.
- Poderán asistir nenos e nenas de 4 a 8 anos acompañados/as como máximo por unha persoa adulta.
- É obrigatorio o uso de máscara e xel hidroalcohólico.
- A función retransmitirase por streaming (Facebook e Youtube da biblioteca, de Cultura Carballo e do Concello de Carballo), para todas aquelas persoas que non poidan asistir presencialmente.

Compartir:


- 2022 +
- Xullo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
4
5
7
8
11
12
14
15
16
17
18
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31