Inicio Carballo ao día Axenda Artesanía, música e obradoiros no...

Artesanía, música e obradoiros no Mercado de Mulleres Artesás

Do sábado 13 de novembro ata o domingo 14 de novembro do 2021 12.00 a 21.00 horas - Mercado Municipal

sábado 13 e o domingo 14 de novembro Carballo celebra o Mercado de Mulleres Artesás, unha cita para render homenaxe a este colectivo a través dun evento no que haberá espazo para desfrutar da artesanía e a música tradicionais con numerosas actividades, tamén para os máis cativos e cativas. Todo, na planta alta do Mercado Municipal. En total serán arredor de 30 artesás que porán á venda e amosarán o seu traballo ao público entre as 12.00 e as 21.00 h.

Programa

  • Sábado 13 de novembro
12:00- Apertura do evento coa inauguración dunha exposición e a proxección dunha reportaxe sobre mulleres artesás.
13:00- Sesión vermú con pandereteira e Sñra. Dj: percorrido dende a música máis tradicional ata as novas tendencias musicais emerxentes de Galicia.
16:00-20:00 - Pinta caras para os/as cativas levada a cabo pola artista coruñesa Mamen Bazarra.
17:00-18:00- Obradoiro de trenzado impartido polas sancosmeiras.
19:00-20:00- Actuación de pandereteira.
20:00-21:00- Peche con Sñra. Dj: percorrido dende a música máis tradicional ata as novas tendencias musicáis emerxentes da nosa comunidade. 
  • Domingo 14 de novembro
12:00- Apertura do mercado
13:00-15:00- Sesión vermú con Beta B2B Riquiña, parella de dj´s emerxentes afincadas en Santiago de Compostela, con ritmos de música electrónica e experimental con folclore, ata pop con techno.
16:00-20:00- Pinta caras para a cativada: levada a cabo pola artista coruñesa Mamen Bazarra.
17:00- 18:00- Obradoiro de crebas para a cativada: taller creativo de como converter os residuos nunha obra de arte.
16:30- 17:30- Obradoiro de bordado con Lúa Mosquetera.
19:00-20:00- Actuación da poeta Lúa Mosquetera.
20:00-21:00- Sesión final con Beta B2B Riquiña, parella de DJs emerxentes afincadas en Santiago de Compostela con ritmos de música electrónica e experimental con folclore, ata pop con techno.

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D