Inicio Carballo ao día Axenda 13 concesionarios abren as súas portas...

13 concesionarios abren as súas portas nunha nova edición de Berocasión

Do venres 27 de agosto ata o domingo 29 de agosto do 2021 Participación veciñal

Berocasión cumpre 16 anos consolidada como a feira do sector máis importante de Galicia. Axober, coa colaboración do Concello de Carballo, organiza unha nova edición que, dada a actual crise sanitaria provocada pola COVID19, celebrarase no mesmo formato do ano pasado e será nos propios establecementos participantes nun formato de portas abertas.

Este ano, continuando coa tendencia a alza das últimas edicións, hai 13 concesionarios participantes: Dimolk-Peugeot, Baleato Motor-Renault, Rebalcars, ,Antamotor-Nissan, Corgal Automóviles KIA, Vilas Rama-Citroën, V-Car Hyundai, Juan Lema, Bercauto, Breogán Motor-Toyota, JGCar. Taller Cinco, Garvi Automóviles.

Nas súas exposicións atoparemos vehículos de Km.0, seminovos, industriais, mixtos, de ocasión, nacionais, de importación... En definitiva, unha ampla selección de todo o que ofrece o mercado da automoción nestes momentos, con importantes descontos e con condicións especiais de financiación.

Ligazóns

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4