Inicio Carballo ao día Axenda Pintura, poesía con Rosalía...

Pintura, poesía con Rosalía Fernández Rial e música con Mr. Kilombo

Sábado 14 de agosto do 2021 A partir das 20.30 horas - Rúa Jacinto Amigo Cultura

Mr. Kilombo

Mr. Kilombo

Este verán, Derrubando muros con pintura vén acompañado de música e concertos e un deles terá como protagonista a Mr. Kilombo. Artista coñecido por temas como Sinmigo no que sacou unha colaboración con Rozalén, ou Tiempo al tiempo nunha colaboración con Muerdo, estará o sábado 14 de agosto para poñerlle música aos murais de arte urbana de Carballo coas súas cancións. A cita será de balde a partir das 22.00 h. no palco da rúa Jacinto Amigo Lera e con acceso libre sempre respectando as medidas de seguridade COVID. A cita enmárcase nas actividades da Edición Verán (do 12 ao 22 de agosto) de Derrubando muros con pintura, na que catro artistas carballeses crearán catro novos murais para a vila, e na que haberá, ademais de música, visitas guiadas, faladoiros, obradoiros e moita pintura.

Asactividades comezan ás 20.30 cun encontro cos catro artistas que pintan este verán: Isa Bermúdez, Nere Rama “Bailando na lúa”, Nazaret e Tucho. E ás 21.30 a poetisa e escritora Rosalía Fernández Rial ofrecerá un recital.

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D