Inicio Carballo ao día Axenda "Nina Ninette", un espectáculo...

"Nina Ninette", un espectáculo familiar de Paula Quintas

Domingo 18 de abril do 2021 18.00 horas - Auditorio do Pazo da Cultura Cultura

Nina, valente e alegre, atopa unhas flores moi especiais que a levan a un mundo fantástico, habitado por seres máxicos, poderosos e divertidos. Todo é diferente e fermoso, mais sinte a falta do seu fogar e decide marchar. Conseguirá alcanzar o seu destino? Esta cincenta actual representa a nena oprimida que loita para transformar a súa realidade familiar, escolar... converténdose nunha heroína por méritos propios e sen necesidade de atopar un príncipe nin ser princesa.

Paula Quintas regresa ao escenario carballés cun conto bailado, unha creación chea de beleza e rebeldía, que quere loitar contra os estereotipos de xénero para crear unha sociedade máis libre.

Público: familiar. Nenos/as de 3 a 8 anos
Entradas: 4€/3€
Venda anticipada aquí.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4