Inicio Carballo ao día Axenda Chega a Carballo a campaña...

Chega a Carballo a campaña "Agresión Off: Eu digo non á violencia sexual"

Venres 18 de decembro do 2020 16.00 a 20.00 horas - Rúa Coruña

A montaxe da campaña de información e sensibilización Agresión Off: Eu digo non á violencia sexual chega a Carballo para sensibilizar á poboación sobre a necesidade de derrubar estereotipos de xénero e comportamentos que poder conducir á violencia.

Nas instalacións que se poderán visitar na rúa Coruña, en horario de 16.00 a 20.00, ofrécese á cidadanía a posibilidade de tomar parte en obradoiros de sensibilización e actividades lúdicas, sempre cumprindo con toda a normativa de prevención contra a COVID-19.

Todos os talleres son inclusivos e están dirixidos a todas as idades. No caso do público infantil, hai un espazo especial destinado a dinámicas adaptadas á súa realidade. Os obradoiros están divididos en áreas de traballo con contidos concretos co obxectivo de sensibilizar á poboación contra a violencia sexual. Entre as temáticas que se abordan destacan o desmantelamento de estereotipos de xénero co obxectivo de combater o sexismo desde a infancia; mitos sobre o amor; alerta de micromachismos; a parella e a igualdade; autoestima e valoración persoal; violencia e novas tecnoloxías; educación en igualdade, e a importancia de estar informados.

Organiza: Xunta de Galicia
Colabora: Concellaría de Igualdade do Concello de Carballo

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4