Inicio Carballo ao día Axenda A Escola Ambiental Senda Nova-Concello de...

A Escola Ambiental Senda Nova-Concello de Carballo cumpre nove anos

Venres 4 de decembro do 2020 Escola da Natureza de Oza Participación veciñal

Participantes no primeiro grupo

Participantes no primeiro grupo

A 9ª Escola Ambiental Senda Nova-Concello de Carballo arrincou o 4 de decembro coa presentación do primeiro dos grupos de nenos e nenas que formarán parte do proxecto na súa edición 20-21. A actividade esperta máis interese ca nunca, xa que nas actividades priman as sesións no medio natural e ao aire libre.

Aínda que as prazas son reducidas, os nenos e nenas de Carballo que cursen entre 3º e 6º cursos de primaria aínda están a tempo de inscribirse, ben a través do enderezo de correo electrónico sendanova@hotmail.com ou ben dos teléfonos 611037617 ou 611037614. 

A Escola Ambiental funcionará en quendas de grupos fixos. Como en anos anteriores, as actividades teñen a súa base principal en accións ao aire libre coas diferentes temáticas de ecoloxía, cultura e achegamento físico ao medio. Distribúense nun total dunhas 30 sesións, unha vez por semana dende decembro ata o verán, e divídense en sesións no Espazo da Natureza de Oza (nos exteriores e na aula de formación) e no medio (excursións, rutas, xornadas de ornitoloxía, achegamento ao medio…). As primeiras serán os sábados de 10:00 a 13:00 horas e nas segundas predominarán as cronoloxías de mañá e tarde nos diferentes puntos da comarca de interese patrimonial.

Máis información aquí.

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D