Inicio Carballo ao día Axenda A compañía madrileña de Sara...

A compañía madrileña de Sara Cano presenta o espectáculo "Sintempo"

Sábado 5 de decembro do 2020 20.00 horas - Pazo da Cultura e streaming Cultura

A compañía madrileña de Sara Cano será unha das propostas máis interesantes e novedosas desta edición, e pouco habituais nos escenarios galegos, xa que achegaranos a danza española e flamenca desde a contemporaneidade. Un emocionante espectáculo que mira ao futuro sen perder a forza na tradición.

O mundo creativo da coreógrafa e bailarina Sara Cano nace da experimentación entre o flamenco e a danza contemporánea, sen medo a mesturar linguaxes coreográficos ben distintos, nun continuo proceso na procura dun estilo propio. O seu segundo espectáculo, Sintempo, busca poder falar do paso do tempo, do atemporal, do que permanece e do que se vai, creando unha danza anacrónica, feita de pasados, presentes e futuros, unha danza sen tempo... simplemente persoal. Sara Cano é unha das corégrafas máis recoñecidas do panorama nacional, polas súas creacións persoais e xenuinas, sempre a cabalo entre danza española e o contemporánea.

Recentemente premiada cun Max á mellor coreografía no ano 2020, presenta en Carballo un precioso e emocionante espectáculo cunha mirada ao futuro sen perder a forza na tradición.

Dirección, coreografía e interpretación: Sara Cano
Dirección en escenas con texto: Teresa Rivera
Composición musical e espazo sonoro: Héctor González
Deseño de iluminación: Gloria Montesinos (A.a.i.)
Deseño de son: Jorge Díaz “Roy

  • Duración: 60 minutos
  • Público preferente: adulto
  • Entradas: 5 euros (3,5 euros prezo reducido)
  • Venda de entradas o mesmo día da función na billeteira do Pazo da Cultura desde 60 minutos antes do inicio da actuación. A venda realizarase por orde de chegada e só poderán adquirirse dúas entradas por persoa. Debido ás restricións sanitarias poñeranse a disposición do público 30 entradas de cada espectáculo.
  • Retransmisión gratuíta en streaming nas seguintes redes sociais: YouTube do Concello de Carballo, Facebook de Cultura Carballo e Facebook de Concello de Carballo.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4