Inicio Carballo ao día Axenda A campaña "Ti tes a chave"...

A campaña "Ti tes a chave" agárdate no Mercado Municipal

Xoves 10 de decembro do 2020 Mercado Municipal

Ademais de poden acudir de luns a venres, de 10:00 a 14:00 horas, ao local de Carballo Limpo (galerías da rúa Desiderio Varela, número 34), esta semana tamén poderas adherirte á campaña de recollida selectiva de residuos orgánicos "Ti tes a chave" no Mercado Municipal. 

Durante toda a mañá do xoves, coincidindo coa celebración do mercado semanal, estaremos na entrada da praza repartindo bolsas compostables para aquelas familias que xa as remataran e para as que queiran adherirse á campaña. Os/as novos/as usuarios/as tamén recibirán información detallada, un caldeiro de 10 litros de capacidade e, por suposto, a chave para o colector marrón.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4