Inicio Carballo ao día Axenda Exposición de artistas locais contra a...

Exposición de artistas locais contra a violencia de xénero

Do luns 23 de novembro ata o luns 30 de novembro do 2020 Rúas do centro de Carballo Cultura

Ata fin de mes estará dispoñible nas rúas do centro urbano unha exposición urbana de artistas locais con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Fotografías, debuxos e pinturas ilustran un total de 18 paneis nos que cada artista expresou ao seu xeito o rexeitamento á violencia de xénero.

As/os artistas que colaboraron na iniciativa, que se amosou por primeira vez no ano 2008, son Adriana Suárez Cotelo, Emi de las Heras, Antonio Reino, Mon Lendoiro, Alberto Gende, Alberto Varela Ferreiro, Ana García e Betina Rodríguez. Son fotógrafas, pintores/as, ilustradores/as e deseñadores/as carballeses/as que quixeron poñer o seu gran de area contra a violencia sexista nunha exposición que agora recuperamos porque segue plenamente vixente.

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D