Inicio Carballo ao día Axenda "Como aprende o noso cerebro durante o...

"Como aprende o noso cerebro durante o xogo", nova proposta de Aloumiños

Venres 30 de outubro do 2020 20.30 horas - Online Participación veciñal

Aloumiños leva anos organizando o Programa de Educación Familiar, con distintas conferencias e actos relacionados coa diversidade. Nesta edición, por mor da COVID-19, as reunións presenciais foron substituídas por sesións online.

Despois da boa acollida que tivo a primeira, o día 30 chega "Como aprende o noso cerebro durante o xogo", coa participación de Tatiana Suárez, logopeda en "Logovida", experta en Atención Temperá, Sistemas Aumentativos e Alternativos de Comunicación e Alimentación neonatal e infantil, e Desirée Rodríguez, terapeuta Ocupacional en "Ocupatehogar", con formación e experiencia na atención a nenos e adultos con problemas de neurodesenvolvemento ou con patoloxías neurolóxicas.

Para poder participar é preciso cumprimentar os datos do seguinte formulario.

Ligazóns

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D