Inicio Carballo ao día Axenda “Antía, Wamba e o regato pequeno",...

“Antía, Wamba e o regato pequeno", contacontos infantil con Tropa de Trapo

Mércores 7 de outubro do 2020 17.00 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

Antía é unha nena galega que vai merendar ao parque. Wamba é un mozo do Congo que vende de todo no Top Manta para poder sobrevivir. Unha carreira, un tropezo e un bocadillo van unir as súas vidas e van compartir o que nese momento levan enriba: Antía, a súa merenda, e Wamba, as súas historias.

Ao longo do espectáculo, Wamba contaralle a Antía catro historias que falan de África e de Europa, do que nos sobra e do que nos falta, de compartir de verdade, de valorar o importante, de rir, de mirar con esperanza ao futuro… contos para bailar e cantar, para xogar, pero tamén para sentir e pensar. Todo fiado coa voz de Wamba e un refrán de súa avoa: o río énchese de regatos pequenos.

FICHA DO ESPECTÁCULO

  • Elenco: Marta Ortiz e Brais das Hortas
  • Modalidade artística: Narración oral, música en directo
  • Público ao que vai dirixido: Infantil e familiar
  • Duración do espectáculo: 60 min
  • Organiza: Concellaría de Cultura
  • Programa: Ler conta moito
PARTICIPACIÓN
  • Presencial, previa inscrición telefónica no número 981 75 85 80 en horario de apertura da biblioteca (de luns a venres, de 10:30 a 18:30 h.).
  • En streaming, nas páxinas de Facebook de Bibliotecas Carballo, Concello de Carballo e Cultura Carballo e nas canles de YouTube de Bibliotecas Carballo e Concello de Carballo.

Vídeos

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4