Inicio Carballo ao día Axenda "Historias fabulosas, dous magos e outras...

"Historias fabulosas, dous magos e outras cousas", con Ian e Elisa

Sábado 3 de outubro do 2020 11.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

Na Biblioteca Rego da Balsa continuamos a ofrecervos propostas incluídas no programa de animación á lectura Ler Conta Moito. Nesta cita, Ian & Elisa reúnen maxia e sombras chinescas usando contos e fábulas como fío conductor facendo que grandes e pequenos/as desfruten dun fermoso e entretido espectáculo onde se fomenta o hábito da lectura como método para facer voar a imaxinación.

Esta actividade está dirixida a nenos/as de 6 a 12 anos máis unha persoa adulta acompañante por neno/a.

A inscrición realizarase telefonicamente, no número 981 75 85 80 en horario de apertura da biblioteca (de luns a venres, de 10:30 a 18:30 h.). Como nestas últimas semanas, teredes tamén a opción de seguir a actuación en streaming, nas redes sociais de Bibliotecas Carballo, Concello de Carballo e Cultura Carballo.

Non perdas este espectáculo tan divertido! 

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D