Inicio Carballo ao día Axenda "Contos da lúa" con Teatro de...

"Contos da lúa" con Teatro de Marionetas Trécola, no Outono na Biblioteca

Sábado 26 de setembro do 2020 11.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

A lúa coñece moitas historias máxicas, tolas e divertidas. Cando chega a noite -mentres durmimos- asoma a súa cariña polas fiestras e desfruta dos nosos soños. Ás veces comparte estes contos cun amiguiño que ten, el abre moito as orellas e escoita, e así sabe tantos Contos da Lúa! Todo é posible con Calcetín! Flota entre as estrelas, leva o timón dun zapato que surca os mares ou viaxa ata o mundo do revés...

Unha obra moi participativa de animación á lectura con marionetas e bonecos planos para público infantil de 6 a 10 anos.
Duración: 45 minutos
Imprescindible inscrición no 981 758 580. Entrada de balde.
Podes seguir o espectáculo en directo a través das canles de YouTube de Bibliotecas Carballo e Concello de Carballo e das páxinas de Facebook de Bibliotecas Carballo, Cultura Carballo e Concello de Carballo.
Programa Ler conta moito.
Organiza: Concellaría de Cultura

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D