Inicio Carballo ao día Axenda A campaña "Agasalla Carballo"...

A campaña "Agasalla Carballo" inclúe xogos e obradoiros infantís

Do xoves 2 de xaneiro ata o domingo 5 de xaneiro do 2020 Mañá e tarde - 2º andar Mercado Municipal

Dentro da campaña de dinamización do comercio local "Agasalla Carballo", a Concellería de Promoción Económica e Turismo achegaranos este Nadal un feixe de propostas e actividades para os/as peques da casa, nas que non faltará a animación e a diversión.

Do 2 ao 5 de xaneiro, a programación para a cativada concentrarase no segundo andar do Mercado Municipal con xogos e obradoiros en horario de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas agás o último día que será só de mañá. Piscina de bolas, rocódromo inchable, criquet de animais, obradoiros de pinzas ou de espumas son tan só algunhas das citas que poderedes atopar este Nadal no Mercado de Carballo para a cativada. on volas perdades!

Público: Infantil
Entrada: Libre e de balde
Organiza: Concellería de promoción Económica e Turismo

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D