Inicio Carballo ao día Axenda Concerto "Pondaliana: Quince poemas de...

Concerto "Pondaliana: Quince poemas de Eduardo Pondal musicados"

Xoves 12 de decembro do 2019 20.30 horas - Pazo da Cultura Cultura

O auditorio do Pazo da Cultura acolle o concerto Pondaliana: Quince poemas de Eduardo Pondal musicados, que mestura sons propios da tradición galega e outros máis contemporáneos para poñerlles música aos versos de Pondal. Entre os poemas musicados atópanse “O combate de Dumbría”, “Afiade esas fouces”, “Eu son galeguiña” ou “Carballos de Carballido”.

No escenario estarán Lidia Piñeiro, voz; Alberto Maceiras, gaita e saxo; Cabe García, guitarra; Xoán Padín, voz e guitarra; Andrés Pazos, piano, e Fernando Couce, percusión.

Pondaliana é un libro disco editado pola Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) para conmemorar o centenario do pasamento do bardo bergantiñán.

Entrada: Libre e de balde
Organizan: Asociación Socio-Pedagóxica Galega e Deputación da Coruña
Colabora: Concello de Carballo

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D