Inicio Carballo ao día Axenda 15 curtametraxes, no festival de cine de...

15 curtametraxes, no festival de cine de animación

Venres 13 de decembro do 2019 18:30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

Da man de Sen Ánimo de Nome e Ánimas Anónimas. Colectivo de animación chega a 3ª edición de "Animacción: Festival de curtametraxes de animación", unha ocasión única para coñecer de preto o traballo de 15 artistas de animación procedentes de países como Bélxica, Arxentina, Francia, Portugal, Países Baixos e España, e poñer en valor unha disciplina de elevado potencial creativo e imaxinativo.

O evento dará comezo coa presentación e proxección das 15 curtametraxes participantes. Ao remate, dará comezo unha charla-coloquio co público para atender as curiosidades e preguntas de todos os/as asistentes, na que tamén intervirá un artista-animador. Unha vez máis, os/as espectadores serán os encargados/as de selecconar o traballo gañador cos seus propios votos.

Público: Maiores de 13 anos
Entrada: Libre e de balde ata completar aforo
Organizan: Sen Ánimo de Nome e Ánimas Anónimas. Colectivo de animación
Colabora: Concello de Carballo

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4