Inicio Carballo ao día Axenda IV Memorial Loli Varela

IV Memorial Loli Varela

Venres 6 de decembro do 2019 10.00 a 20.00 horas - Pavillón Vila de Noia Deporte

O pavillón Vila de Noia acollerá este venres o IV Memorial Loli Varela, que organizan Carballo Deporte, Concello de Carballo, Centro Plurilingüe Artai e Club Baloncesto Artai, en colaboración coa Escola Básket Xiria, Escolas de Balonmán Xiria, Un Paso Máis, ACB Costa da Morte, CB Arteixo, Deputación da Coruña, Deporte Galego, Gadis, Conservas Calvo e a Federación Galega de Baloncesto, que este ano decidiu incluír o evento no seu calendario de actividades.

Por cuarto ano consecutivo Carballo celebrará unha merecida homenaxe a quen foi unha das figuras máis destacadas do tecido asociativo e deportivo do concello, implicada na creación e pulo da sección de balonmán de Xiria e do Club Baloncesto Artai, así coma na fundación de Un Paso Máis, entre outras iniciativas. O venres o deporte carballés lembrará tamén a Fidel Nión, falecido en 2018, parella de Loli Varela e impulsor das dúas primeiras edicións do Memorial.

Horarios: Serán cinco os partidos que se disputen na xornada, tres de baloncesto e dous de balonmán, nos seguintes horarios:

  • 10.00. BALONCESTO (cadete feminino): Xestoría Queijo EBX Artai-ACB Costa da Morte.
  • 12.00. BALONCESTO (infantil feminino): Turismo Carballo Artai EBX-CB Arteixo Duacode.
  • 16:00. BALONCESTO (júnior feminino): Seguros Sueiro Artai EBX-Ex xogadoras de Artai e Xiria.
  • 17:30. Entrega de agasallos e trofeos por parte das entidades organizadoras e colaboradoras a familiares de Loli Varela e Fidel Nión.
  • 18:00. BALONMÁN (feminino): Goldie Xiria Turismo Carballo (sénior)-Hierros Varela Urbieta (cadetes de segundo ano).
  • 19:00. BALONMÁN (feminino): Punta del Este (infantil)-Hierros Varela Urbieta (cadetes de primeiro ano).
Organizan: Carballo Deporte, Concello de Carballo, Centro Plurilingüe Artai e Club Baloncesto Artai, Colaboran: Escola Básket Xiria, Escolas de Balonmán Xiria, Un Paso Máis, ACB Costa da Morte, CB Arteixo, Deputación da Coruña, Deporte Galego, Gadis, Conservas Calvo e a Federación Galega de Baloncesto.

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D