VI Torneo de Pádel Solidario Concello de Carballo a favor de ASANOG
Do venres 29 de novembro ata o domingo 8 de decembro do 2019 Todo o día - miclub Pádel (Polígono Bértoa) Participación veciñal
A Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (Asanog) contará, un ano máis, coa solidariedade do deporte carballés. Do 29 de novembro ao 8 de decembro disputarase o VI Torneo de Pádel Solidario Concello de Carballo, organizado por miclub para recadar fondos e facilitar o gran labor social que desenvolve Asanog.
Catro son as categorías da competición: masculina (1a, 2a, 3a , 4a e iniciación), feminina ( 1a, 2a e 3a), mixta (1a, 2a e 3a) e menores (cadro único). Os organizadores esperan superar o número de parellas inscritas da pasada edición, arredor dun cento.
A inscrición estará aberta ata o 28 de novembro ás 22 horas e pódese realizar a través dos teléfonos 619 688 822 e 981 732 954, na web mistorneosonline ou, presencialmente, nas instalacións de miclub pádel & amigos. A cota vai dos 18 aos 48 € e inclúe seguro, camiseta e unha rifa para un sorteo. Ademais, dado o carácter solidario da competición, hai unha fila 0 na conta de La Caixa ES6121001453210200259900. Anímate e participa!
Organiza: miclub Pádel