Inicio Carballo ao día Axenda Lumieira achega a música e a poesía...

Lumieira achega a música e a poesía do dúo Caamaño-Ameixeiras polo 25N

Venres 29 de novembro do 2019 21:00 horas - Casino 1889 Participación veciñal

Reivindicar a igualdade e a diversidade e facer valer os dereitos e todos e todas fronte á intolerancia e a barbarie machista é a finalidade do concerto que este venres organiza a Asociación Cultural Lumieira no Casino de Carballo arredor do 25N.

A través da música e a poesía do dúo composto por Caamaño-Ameixeiras, a entidade pretende conmemorar e visibilizar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres cun acto aberto á participación de toda a cidadanía. Apúntaste?

Público: Todos os públicos
Entrada: 2 € (donativo)
Organiza: AC Lumieira
Colabora: Concello de Carballo e Casino 1889

Compartir:


- 2021 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
5
6
7
8
9
10
13
14
15
16
17
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31