Inicio Carballo ao día Axenda O Casino celebra o seu 130º aniversario...

O Casino celebra o seu 130º aniversario cunha gran festa para toda a veciñanza

Sábado 30 de novembro do 2019 10:00 horas - Casino 1889 Participación veciñal

A Sociedade Recreativa e Cultural Bergantiños celebrará este sábado o seu 130º aniversario cunha gran festa á que está convidada toda a veciñanza. A xornada dará comezo ás 10.00 horas cun almorzo no Casino, ao que seguirá unha xornada repleta de actividades culturais, musicais e recreativas que se prolongarán ata ben entrada a noite. Tomade nota!

11:00h: Faladoiro sobre a asociación do Casino con socias e socios, moderado polo historiador especializado en Patrimonio Cultural, Hadrián García. Intervirán no coloquio: Gabriel Pérez, Xan Fraga, Esther Rodríguez, Teresa Rodríguez, Maria Tasende, Laura Méndez e todas as socias e socios que o desexen.

14:00h: Xantar en familia (bufete). As persoas interesadas en asistir deberán reservar praza e formalizar o pagamento con antelación, ben na taberna O Logradouro ou enviando un mail ao enderezo casino1889@gmail.com. O prezo do menú será de 20€ por asistente e 12€ para os nenos/as.

Sobremesa con vinilos. Os e as amantes dos vinilos terán a oportunidade de desfrutar dunha auténtica sesión musical cunha exquisita selección de discos á que tamén poderán sumarse os que cada convidado/a desexe apostar da súa propia colección. 

17:00h: Vídeo retrospectiva do Casino 1889

19:00h: Concerto con Dúo Sesión

21:00h: Pinchada a cargo de Fernando Macías

Público: Todos os públicos
Entrada: Libre e de balde agás o xantar
Organiza: Casino 1889

Compartir:


- 2021 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
5
6
7
8
9
10
13
14
15
16
17
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31