Inicio Carballo ao día Axenda Presentación do proxecto "Ti tes a...

Presentación do proxecto "Ti tes a chave"

Martes 26 de novembro do 2019 20.00 horas - Biblioteca Rego da Balsa

Xa podes inscribirte para participar no programa "Ti tes a chave" e formar parte do voluntariado marrón para colaborar na compostaxe dos biorresiduos domésticos. 

Se estás disposto/a a comprometerte recibirás un “kit” que consta de un caldeiro de 10 litros de capacidade, tres atados de bolsas compostables, un tríptico informativo e unha chave para abrir o contedor da túa rúa.

Para que teñas todas as facilidades para sumarte ao voluntariado marrón podes achegarte ao posto que temo no Mercado de Abastos e que está aberto de luns a venres de 19.00 a 21.00 horas e os sábados de 11.30 a 13.30. De luns a venres polas mañás, de 10.00 a 14.00 horas, poderás achegarte ao local de Carballo Limpo situado nas galerías do “edificio Chinto”.

E ademais o martes 26 faremos unha presentación pública na Biblioteca Rego da Balsa. Acompáñanos!

Compartir:


- 2021 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
5
6
7
8
9
10
13
14
15
16
17
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31