Inicio Carballo ao día Axenda O cantautor Fito Mansilla presenta o seu...

O cantautor Fito Mansilla presenta o seu último disco no Casino 1889

Domingo 24 de novembro do 2019 13:00 horas - Casino 1889 Participación veciñal

O cantautor Fito Mansilla presentará este domingo no Casino de Carballo "La Memoria Incendiaria", o seu último traballo editado esta mesma primavera baixo o selo da discográfica Warner Music. Ademais de facer un repaso pola súa traxectoria musical, o artista madrileño interpretará algúns dos temas do novo disco, no que se narran experiencias vitais desde a luz, aínda cando doen, producido por Borja Montenegro e no que colaboran Rebeca Jiménez, Jorge Marazu e Marwan. Nesta ocasión, acompañarao sobre o escenario, como convidado especial, o cantante carballés Diego Loureiro, 

Tras 15 anos de carreira musical e con tres discos no mercado, Mansilla conta cunha importante lexión de seguidores que non deixa de medrar grazas a un inconfundible estilo pop-rock que mestura á perfección coa sutileza dunhas letras que destilan, a partes iguais, doses de garra e melancolía. Máis vale que non volo perdades!!!

Organiza: Casino 1889

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D