Inicio Carballo ao día Axenda Gala final do XIX Concurso Escolar de Teatro Lido...

Gala final do XIX Concurso Escolar de Teatro Lido "Xosé Manuel Eirís"

Domingo 10 de novembro do 2019 18:00 horas - Auditorio Pazo da Cultura Cultura

As voces de 360 nenos e nenas, mozos e mozas, levaron o teatro aos fogares de todos os recunchos de Bergantiños a través das ondas radiofónicas durante a 28º edición do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT).

Grazas ao apoio dos centros escolares de Primaria e Secundaria de toda a comarca, o alumnado realizou interpretacións lidas de fragmentos de textos teatrais na emisora Radio Voz, colaboradora nesta singular e xa tradicional iniciativa enmarcada na programación do festival carballés.

Agora é a quenda de premiar aos finalistas da presente edición. Será este domingo 10 no auditorio do Pazo da Cultura nun acto ao que estades todos convidados/as e que contará con Caxoto Contacontos como mestre de cerimonias e protagonista da sesión de contacontos, que amenizará o evento. Ademais dunha experiencia radiofónica inesquecible, o XIX Concurso Escolar de Teatro Lido repartirá entre os galardoados/as premios por un importe total de 850 €.

A continuación terá lugar unha chocolatada para todos os/as participantes, que, ademais, recibirán un diploma que poderá ser recollido polos representantes de cada grupo ao finalizar o acto. 
Non volo perdades!!

Público: Todos os públicos
Entrada: Libre e de balde ata completar aforo
Organiza: Asociación Cultural Telón e Aparte
Colabora: Radio Voz Bergantiños e Libraría Brañas Verdes.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4