Inicio Carballo ao día Axenda O actor e monologuista Fede Pérez...

O actor e monologuista Fede Pérez porá o broche á XXI Rúa dos Contos

Sábado 12 de outubro do 2019 00:00 horas - A Barra Bar Cultura

Estaba claro! A inspiración para as mentes cómicas deste país atópase nas tabernas, esa sorte de centros culturais das pequenas vilas onde sempre está a xente auténtica que atesoura centos de interesantes historias…

O monologuista e actor Federico Pérez "Fede", ao que coñece media Galicia por Moncho (Era Visto!) ou por Josito (Padre Casares), recoñece ter aprendido todo nos bares. E agora xa é hora de compartir este coñecemento co gran público levando a escena unha escolma dos mellores contos recompilados até o de agora. Estades preparados para rir sen parar? 

Público: Adulto
Entrada: 5€
Duración: 90'
Organiza: AC Telón e Aparte
Colabora: Concello de Carballo

FIOT28 (Rúa dos Contos)

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D