Inicio Carballo ao día Axenda Rodrigo Cuevas revolucionará o Mercado coa...

Rodrigo Cuevas revolucionará o Mercado coa estrea en Galicia de "Trópico de Covadonga"

Sábado 5 de outubro do 2019 23:00 horas - Mercado Municipal Cultura

Rodrigo Cuevas é un axitador cultural folclórico e electrónico. Un xenio do etnoglamour, un embaixador do erotismo elegante, do hedonismo e dos dereitos innegociables do ser humano. Cuevas é transgresor e un grandísimo músico que leva adiante un show de gran calidade musical, estética e discursiva.

O FIOT será o escenario da estrea en Galicia do seu novo espectáculo, Trópico de Covadonga, no que fala da arte de cortexar e andar de ronda mesturando, coma sempre, o rural co urbano. Neste paralelo imaxinario que pasa por Covadonga, atoparemos a un sedutor de persoas, que mira ao pasado dunha maneira romántica e idealizada para transmitir valores humanistas e de liberdades sexuais e sociais, nunha performance dixital-vintage cargada de moita beleza e humor.
Apaixonadamente desexable e imperdible!

Público: A partir de 12 anos
Entrada: 5€/2.5€ (socios, abonados e menores de 25 anos)
Duración: 80'
Organiza: AC Telón e Aparte
Colabora: Concello de Carballo

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4