Inicio Carballo ao día Axenda XXIII Festa do Mexillón

XXIII Festa do Mexillón

Sábado 3 de agosto do 2019 19:00 horas - Mirador Santa Irene (Castrillón) Participación veciñal

A tradicional mexillonada, organizada pola AC O Castro de Lema, é unha das citas gastronómicas veraniegas máis importantes e con máis sona do Concello de Carballo, que este ano acadará a súa 23ª edición. Un día para gozar, sen dúbida, de todas as variantes culinarias dun produto tan prezado e saboroso como é o mexillón, que se servirá en empanada ou ao vapor, durante unha xornada que se prolongará ata ben entrada a noite e na que contaremos coa música do dúo Diamante. Ademais, realizaanse varios sorteos entre os asistentes e haberá unha carpa instalada no recinto por se a choiva fai acto de presenza. Non faltedes e bo proveito a todos/as!

Público: Todos os públicos
Organiza: AC O Castro de Lema
Colabora: Concello de Carballo

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D