Inicio Carballo ao día Axenda As "Cancións Clínicas" de...

As "Cancións Clínicas" de Chicharrón chegan ao Verán Cultural

Venres 19 de xullo do 2019 22:30 horas - Praza do Concello Cultura

Este venres o Verán Cultural volve á Praza do Concello para ofrecernos unha velada musical con selo carballés. Nesta ocasión, será a quenda de Chicharrón, unha banda formada en Carballo a principios de 2014 da man de Alberto M. Vecino, que conserva dez cancións para Alberto Gende, publicando nese mesmo ano o seu primeiro disco, de nome tamén "Chicharrón", no que o amor doe e tamén é salvación. Tras unha calurosa acollida de público e crítica, en marzo do 2016 editan o seu segundo disco, "Postal".  En marzo de 2017 editan o sinxelo "Contra acantilados" e en setembro "Na cela".

En novembro do 2018 publican "Cancións Clínicas", o seu terceiro álbum creado con distancia, mails e encontros furtivos entre Alberto, Mara e Rubén. O resultado plámase en once cortes, escritos en salas de espera de hospitais, viaxes de ida e volta e noites de moito sono, que agora nos presentarán en rigoroso directo. Non volo podedes perder!

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D