Inicio Carballo ao día Axenda A campaña Repara en... chega a Carballo...

A campaña Repara en... chega a Carballo coincidindo co mercado

Xoves 11 de xullo do 2019 Pola mañá - Rúa Coruña

A campaña Repara en... chega a Carballo coincidindo co mercado do xoves 11 de xullo. Esta iniciativa da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda pretende fomentar a minoración dos residuos alimentarios, potenciar a compostaxe e mellorar a recollida selectiva e a separación para favorecer a reciclaxe.

No posto que estará instalado na rúa Coruña, no cruce con Desiderio Varela, ofrecerase material sobre a xestión dos residuos domésticos.

Os dous obxectivos globais desta nova campaña, que está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, son fomentar a correcta xestión dos residuos domésticos e a prevención do desperdicio alimentario. 

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D