Inicio Carballo ao día Axenda XV Curso de Verán sobre...

XV Curso de Verán sobre dinamización lingüística

Do mércores 17 de xullo ata o xoves 18 de xullo do 2019 De 09:00 a 19:00 horas - Fórum Carballo Cultura

O Curso de Verán sobre dinamización lingüística, que organiza o Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da UDC chega á súa décimo quinta edición analizando como potenciar o uso da lingua no ámbito do turismo e como utilizar o galego como un valor e un recurso que teña interese en ser coñecido e valorado polo turismo.

As sesións incluirán conferencias, mesas redondas e obradoiros prácticos, nos que se analizará por que, como, onde e cando deixamos de utilizar o galego ao entrar en contacto con xente de fóra. Tamén haberá sesións destinadas a reparar no éxito de produtos que só utilizan a lingua propia para darse a coñecer.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña
Colaboran: Secretaría Xeral de Política Lingüística e Concello de Carballo

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D